2012/06/12

BASEL



Hoxe vouvos falar do país onde nacín, porque os meus pais traballaron alí: así coñeceredes os seus costumes, onde se sitúa, e todo o relacionado con esta marabillosa cidade.
Para empezar quero que vos quede claro que Basilea forma parte de Suíza, non o confundades, porque moita xente pensa que porque se fale alemán ten que ter nazis, e non é así, porque Suíza non é Alemaña.
Basel é unha cidade bastante rústica, pero ao mesmo tempo tamen é unha cidade moi moderna.
Basilea denomínase ''a roda xiratoria de Europa'', xa que dende moito antes, crúzanse aquí as grandes vías comerciais e de comunicación. No século trece levantouse aquí ó primeiro ponte fixó sobre o río Rhin, entre o lago de Constanza e o mar, fundouse a primeira universidade Suíza e construiuse a primeira linea ferroviaria en territorio Suizo.Xa na Idade Media, Basilea era coñecida coma cidade ferial, e actualmente, continúa estas tradicións mediante ferias técnicas internacionais. Basilea é a sede de bancos, empresas químicas e industriais (novartis) coñecidas no mundo enteiro.
A cidade é rica en museos, e a coleccion pública de obxectos de arte é fermosa-entre outras cousas- Pola sua colección de Holbein e obras dos siglos 19 e 20.O xardín zoolóxico de Basilea chamado ''Zolli'', é considerado coma o parque zoolóxico máis visitado do mundo, en relación coa súa poboación.
O Carnaval de Basilea non ten comparación no mundo. Empeza ás 4 da madrugada, co seu singular ''morgenstreich'' e non deixa descansar aos turistas e ao propio pobo durante tres dias.
Para poren participar no Carnaval e isto seino porque participéin, tes que estudar a súa historia, e pasar tres probas, se o fas ben en tres anos podes participar activamente no grupo, mentres tanto tendrás que conformarte con ser o reparte folletos.
Para finalizar, no Carnaval véndense brochas que en alemán chamanse ''Plaquette''. Véndense de catro tipos; a de bronce que custa 15 Fr, prata 35 Fr, ouro inpuro 55 Fr e, por último, de ouro puro 100 Fr.
Preguntaraste para que se venden, pois con elas páganse os carros para que poidan tirar gominolas, xoquetes, peluches...
O Carnaval desenvólvese en tres días, o primeiro para os adultos, o segundo para os nenos, e o terceiro e último, para os vellos.
Cada ano os grupos cambian de disfraz, segundo o suceso que tivera moita repercusión nese ano ''sujet''.
Moitas graciñas pola vosa comprensión, e se algunha vez necesitades a un guía turistico aquí me tedes.

1 comentário:

  1. Revisa: case sempre está marcado a falta de acentuación e de maiúsculas....
    cando é seguido: non se entende a idea por falta de expresión
    busca un parágrafo para finalizar...

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.