2012/05/31

SÉS

Hoxe as 12:30 h. galega (ou española, como dín algúns incultos) veunos visitar unha rapaza noviña e simpática que sen dúbida namorounos pola súa forma de expresión.
Fixo que nos desemos conta de que somos galegos non por casualidade senon por sorte, que cando alguén nos gusta o que realmente pensamos é que nos presta e as rapazas, somos como somos, porque queremos e as fadas so aparecen nos contos.

O outro lado do charco encóntranse os nosos primos ( arxentinos, entre outros...) polos que ela sinte moitísimo cariño e compón cancións cas propias características mezclando blues, rock...

A mín, tamén me gustaría poder chegar o día de mañá a un garito ou instituto (por exemplo, o meu) e expresar o que sinto e os meus recordos, por exemplo, o que aprendín con ese "esquema" que polo que se ve, todo o mundo coñece.

Para iso non vou perde-la esperanza, vou continuar perseguindo os meus soños e non penso deixar que os problemas se interrumpan no meu camiño porque grazas o galego poderéi percorrer medio mundo, ese mundo que as veces non é tan grande como parece pois... Sés é a miña veciña, coñéceme dende que nacín aínda que eu verdadeiramente a coñecín hoxe.


Esperamos que volva pisar o seu instituto e nós o poidamos ver, porque ata agora foi sen dúbida a mellor actividade que tivemos.

Aquí vos deixo a súa páxina e aquí o seu facebook.


Grazas Sés por regalarnos iso tan fermoso que temos: a vida, e con ela a realidade! Un bico e deséxote o mellor.

5 comentários:

  1. Miriam pedín eu a entrada, xa o dixen cando fumos coller os autografos.Pareceme moi mal.Sara

    ResponderEliminar
  2. pero moi a meu pesar a tu a entrada é moi boa... Sara

    ResponderEliminar
  3. non sexades nenas pequenas e que cada unha exprese a súa visión e os seus sentimentos

    ResponderEliminar
  4. Sara que tontería tan grande... a palabras necias oídos xordos...

    Miriam

    ResponderEliminar
  5. A actuación foi maís entretida do que pensaba, teño que dicilo, e ademaís gustoume moito, sobre todo a súa forma de expresarse, oxalá chegue lonxe con este proxecto, desexolle moita sorte.

    Paco

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.