2012/05/05

De Mondoñedo a Laracha...

Ben! Aquí estou de novo para contarvos a experiencia que tiven. Aparentemente, como case sempre pasa neste tipo de convivencias, o comezo todo o mundo esta un pouco avergoñado sen saber que dicir nen facer pero co paso do tempo isto desaparece.
En xeral ca xente de Mondoñedo tivemos máis entrega e conseguimos antes a confianza que cos da Laracha, isto non quere dicir que foran peores nen nada polo estilo! Todos eles eran persoas encantadoras o que pasa que en Mondoñedo para todos aquelo era novo e tiñamos que axudarnos uns os outros para poder sair adiante, en cambio na Laracha como estaban no seu insti pois non é o mesmo porque eles sabias a onde ir pero nos en cambio non... Pese a iso fixemos pequenas amizades que...
Quen sabe se co paso do tempo irán medrando?

Resumindo, foron unhas experiencias magnificas que sen dubida haberá que repetir, se se pode, claro esta.
 Compartimos moitas cousas en tan pouco tempo... reflexábase cariño por todos eles.
En Mondoñedo fixemos amizades en "cero coma" sobre todo con Ainhoa e Noemi, duas rapazas encantadoras! (e as gañadoras do concurso, que por certo, se non fose polas carreiras que nos votamos non o conseguiríamos pero como xa dixemos... valeu a pena! ).

Polo resto pouco podo dicir porque xa que sobre todo o que se viviron foron emocións e para iso sobran as palabras, o feito de pensar o ben que o pasa un traballando con xente da nosa idade e magnífico!

Fancendo a ruta de Mondoñedo a todo gas, preguntándolle a xente sabe onde esta tal sitio? e que che respondan si, sen dicirche nada mais, rindonos entre toma e toma cos programas de radio, os sustos que nos meteron os ordenadores cando desapareceron os traballos... todo foi marabilloso!

E aqui seguiréi esperando o próximo reencontro!
Aquí un pequeno resumo da xornada de Laracha e de Mondoñedo!

Miriam

2 comentários:

  1. averá.... do bervo aver...
    a ver se nos aplicamos na ortografía

    ResponderEliminar
  2. http://gavieira.blogspot.com.es/2012/04/viaxe-mondonedo-e-marina.html

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.