2012/04/29

IBAÑEZ


A SÚA VIDA
Francisco Ibáñez naceu no 1936 en Barcelona ,e, antes de comezar a ser un debuxante de comics traballou como banqueiro. Durante varios anos alternou o seu traballo no banco, coa sua vocación, pero, no 1957 comeza unicamente, a traballar no mundo do comic para a Editorial Bruguera.

A sua primeira publicación, chegou no 1958 na revista Pulgarcito, máis tarde,  tamén foron publicados noutras revistas, e, nos anos seguintes, Ibañez comezou a crear e adaptar algúns dos seus mellores personaxes para as diferentes revistas da editorial Bruguera. 

No 1969 publica a súa primeira historieta longa, xa que ata o momento so fixera tiras cómicas das súas obras. No 1985 a súa carreira como debuxante pega un xiro drástico, debido a que abandona a Editorial Bruguera, que se quedara cos dereitos das súas obras humorísticas, e, vese obrigado a comezar a crear novas personaxes así como publicar noutra editorial. No 1987 coa aprobación dunha nova lei recupera os dereitos das súas antigas obras, e comeza a publicar ata actualidade as súas obras para a editorial B.

Mortadelo e Filemón
Ao longo da súa carreira, Ibañez, creou moitas personaxes, pero, un dos comics polos que máiss se lle coñece è, Mortadelo e Filemón.
 Os protagonistas deste comic  foron a primeira publicación de Ibañez nunha revista, ao principio, as súas viñetas estaban en bran e negro, pero, co paso do tempo, comezaron a facerse viñetas a cores, e,  foise  modificando o aspecto dos protagonistas. Ademais, cambiaron o inicio das súas aventuras, nas primeiras historietas tiñan a súa propia axencia, pero, na actualidade, as súas aventuras desenvolvense na T.I.A (que é unha axencia secreta). Co paso do tempo, tamén se foron engadindo outras personaxes como: O superintendente Vicente, o doutor Bacterio e a secretaria Ofelia.


OUTRAS PERSONAXES
Como xa dixen, Ibañez non se dedica soamente a facer comics de Mortadelo e Filemón, tamén destacan outros como: O botones Sacarino, Rompeteitos, Pepe Gotera e Otilio,13, De la rue del Percebe...
      

3 comentários:

  1. Moi ben Alex, pero poderías engadir algunha foto, non cres?

    Jessica

    ResponderEliminar
  2. e repasar un pouquiño o uso dos signos de puntuación: as comas, por exemplo.

    ResponderEliminar
  3. Feita a corrección

    Alexandre

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.