2012/04/11

As duas Marías.

Esta parella formábana as irmáns Maruxa e Coralia, dúo moi coñecido de Santiago de Compostela polos seus rutinarios paseos pola zona vella da cidade, sempre as dúas en punto. Outra cualidade que as facia destacar era a maneira extravagante da súa vestimenta e a sua maquillaxe. Pero as irmáns Fandiño Ricart non son coñecidas só por iso. Se non tamen pola relación dos seus irmáns co movemento anarquista. Eran once irmáns, fillos dun zapateiro, dos cales tres estaban tan comprometidos co anarquismo que chegaron a desenrrolar importantes cargos defendéndoo. Un deles foi asasinado, mentres os outros dous fuxiron. Isto fai que Maruxa e Coralia sexan torturadas ou que inclusive chegaran a abusar delas, co fin de encontralos
A xente deixou de ir a súa tenda por medo a que os vincularan cos seus familiares, aínda que as estimaban moito. Pero cando caeron na pobreza non as trataron coma ás demais persoas que vivían da caridade. Os que querian axudalas ian comprar o que lles querian dar e dábanllo directamente. De feito, cando unha treboada estropeou o teito da súa vivenda, organizouse unha colecta que recadou tanto como pra comprarlles unha nova casa.


Na foto vese o recordatorio desas dúas mulleres que de tanta cor enchían as rúas de Santiago en tempos nos que a depresión o pintaba todo de gris e negro. A escultura é unha das máis coñecidas da cidade, tanto pola curiosidade que esperta entre os turistas coma por servir de punto de encontro para os composteláns.

2 comentários:

  1. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gustounos moito a túa entrada, cremos que fuches precisa e directa acerca das irmáns Marías.

      Mary e Joyce

      Eliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.