2012/03/27

Diarios da rúa

Ésta película foi estreada en 2007, e protagonizada por Hilary Swank. A película mostra a rivalidade e a violencia entre as distintas bandas de Long Beach a mediados dos 90. É moi realista e dura, xa que está basada en feitos reais. Vouvos contar un pouco de que vai:
Erin Gruwell sácase o título de profesora e agarda con entusiasmo a súa primeira clase de Literatura cos seus novos alumnos, pero non sae todo como imaxinara. Tocáralle unha clase con distintas bandas: estaban os asiáticos, os latinos e os negros; e no medio deles tan só un rapaz branco. Ela tiña moita ilusión e confiaba en que os rapaces podían traballar e arranxar os seus problemas. Ao principio tivo moitos enfrontamentos con eles, pero co paso do tempo e das actividades, conseguiu mellorar a relacion da clase.

Propúxolles ler o libro de Ana Frank. Ao principio non lles interesou moito, pero ao final acabaron enganchados e enfadados por como acababa. Ao ver isto, Erin propúxolles que escribisen un diario no que puxeran o que lles dera a gana. Todos os alumnos escribiron a súa vida, e é nese intre cando te das conta do mal que o pasaron na súa vida.


Encantoume. É espectacular. 
Cóntache a realidade dunha época escura e violenta tal como foi
e faite pensar moito. 
Se alguén non a viu, ten que vela canto antes. 
É moi boa.

4 comentários:

  1. haina na biblioteca
    visita: http://trapallos-b.blogspot.com.es/search/label/DIARIOS%20DA%20R%C3%9AA : terás unha visión máis ampla da película e do traballo no blogue.

    ResponderEliminar
  2. Pareceume unha boa elección para ver na clase, non se fai pesada e mostrou a unha realidade que ,no meu caso, non crin que existira a estas alturas. É un claro exemplo de esforzo colectivo no que todo o mundo debería tomar nota.
    Rosalía

    ResponderEliminar
  3. Eu recordo cando vin esta película por primeira vez e xúrovos que me encantou, pola realidade que mostra a peli en si. Moi boa eleccion!

    Mónica

    ResponderEliminar
  4. Esta entrada na miña opinión esta moi ben igual que a pelicula que como ben dis e moi dura xa que son cousas que pasaron e pasan na actualidadade.

    Creo que contas demasiado da película o que pode facer que quen non a viu lle resulte menos entretida.

    Nico

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.