2012/01/23

EXILIO


Cando falamos de exilio, estamos a falar dun periodo de silencio e represión, que obrigou a moitas persoas a abandoar o que máis querían. Obrigandoos a elixir entre o exilio e o fusilamento.

O medo carcomiu os corazóns da xente, asoballounos e calou os seus pensamentos. A vergoña enmudecía aos ''vencedores'' e a dor afogaba aos ''vencidos''.Era imposible seguir escribindo en galego e moito menos pensar en publicalo naquela España. Pero aínda así, os nosos artistas fuxidos non se deron por vencidos. E dende o exilio, fundamentalmente americano, seguiron o seu soño, a sua loita pacifista, a sua revolución con pinceladas de morriña da sua casa; e desprecio a ditadura que terminara con todo polo que eles loitaran.
Para poder explicar mellor de que tratou o exilio, gustaríame falar de Antón Alonso Rios, moito máis coñecido como o señor Afranio.
Ese alcume foi o seu pasaporte para escapar da morte.
Disfrazado dun naturalista brasileiro, vagou polas ruas durante tres anos pedindo esmola e traballando como criado desde a sua Silleda natal ata Ourense. Camuflouse ante os seus verdugos coma un simple mendigo cando en realidade foi un idealista que loitaba polos dereitos dos labregos e o campeseiñado.
Coa proclamación da II República no 1931,  volveu a Galicia levando a cabo no noso país unha intensa carreira política en favor da República.
Autobautizouse co nome de Afranio, pra poder seguir vivindo en Galicia, despois da victoria de Franco.
O seu personaxe consistia nun brasileiro que mendigaba dende que morrera o seu pai. Levou a cabo o traballo de criados das casas e mesmo chegou a facer de frade. O seu unico obxetivo fora fuxir con vida, e estabao conseguindo. Aínda que non todo foi tan sencillo, polo camiño tivo que presenciar como ian asasinando e torturando a todolos seus amigos.
Cando finalmente consegue saír por Portugal, vai ata  Marrocos dende onde viaxa en barco ata Bos Aires, onde é recibidio como un símbolo de triunfo da resistencia. Unha vez alí, o “siñor Afranio” convértese outra vez en Alonso Ríos e traballará con xente como Castelao ou Suárez Picallo, na defensa de Galicia.
O siñor Afranio foi un dos moitisimos casos dos que podería falar, escollino porque non é moi coñecido entre a mocidade, e despois de todo o que pasou, mereceoo.
O exilio só é unha proba máis do afan de superación e o espiritu de loita dun pobo. É iso non hai golpes de estado, nin falanxistas, nin conservadorismo, nin ningún concepto ou idea que poda paralo ou destruilo.
Os republicanos non deixaron de loitar nin un só momento.Por iso mesmo os recordamos.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.