2012/01/22

A miña pequena biografía

Por se a alguén lle entrou algunha vez curiosidade de como un canario se lle ocorre deixar unha terra de sol e calor para pasar frío, aquí explícovos resumidamente como cheguei a esta terra. 


Sería un oito de decembro cando unha nai galega me dese a luz en Fuerteventura nunha tranquila illa canaria, dende moi pequeno gustábame o deporte: facía fútbol, karate, badmington e balonmán. Pero sobre todo encantábame o fútbol... Aos 5 anos empecei a xogar ao fútbol nun equipo moi coñecido das illas, o UD. Pájara Playas de Jandía. Posteriormente xoguei no UD. Jandia e finalmente o meu último ano paseino no UD. Praias de Sotavento. Dende ese momento deixe todos os deportes que practicaba para xogar unicamente a fútbol e poder conseguir algo.


No verán de 2011 fun a un torneo en Girona (Barcelona), saíome moi ben e grazas a isto ofrecéronme xogar en Galicia no Montañeiros CF. Sen dubidalo aceptei,  e agora estou aquí, sóiño. Pero se queres conseguir algo na vida tes que loitar e facer sacrificios.   

1 comentário:

  1. Gustounos a túa traxectoria, segue loitando e chegaras moi lexos !!!

    Manu e Darío

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.